Vilela, Branca

Branca Vilela, Fisterra. Á idade precoz de 14 anos xa recibía diferentes premios a nivel comarcal en Poesía e Relato Curto. Baixo a protección do Nobel Camilo José Cela, aos 18 anos, publica os seus primeiros poemas. Anclas varadas en la memoria (2004). Coa Faciana das augas (2005) recibe a Mención de Honra da Crítica Norteamericana, ao mellor poemario escrito en lingua romance, o que a leva a realizar unha xira por diferentes Estados de EEUU. Préstame tu voz, (2008) é finalista do II Certame Internacional, Rubén Darío 2008 e coa colaboración de Amnistía Internacional. A Forza do Poema (2014) Me díste la tierra (2014). Con Daniel e un día especial iníciase en contos para nenos No 2016 recibe o Escriduende polo conxunto da súa obra. Adeus ao azul cobalto (2017). Traballa o xénero de Novela e Dramaturxia. Os seus poemas aparecen publicados nas revistas de diferentes Universidades de EEUU e foron traducidos ao Inglés, Francés, Catalán, Galego, Árabe, Portugés e Esperanto. É codirectora das Xornadas Literarias Cabo de Fisterra, Patrimonio Cultural Europeo e do I Congreso Internacional Cabana de Bergantiños 2016. É columnista de opinión no Diario de Ferrol. Dirixe desde fai tres anos consecutivos o Recital Poético Solidario Internacional. Pertence á Comisión de Mulleres Escritoras do Pen Club Internacional e é socia-fundadora do Pen Club Español.