Abandonou a súa Italia natal logo de aceptar a chamada das Cortes e do xeneral Prim para rexer un país, España, sen goberno desde a deposición de Isabel II. Mais ese país non lle deu abrigo ningún. O seu foi un reinado efímero, apenas dous anos (entre 1871 e 1873) que rematou coa súa abdicación logo de continuos desprezos e indiferencias.
O escritor Vicente Araguas (Neda, 1950) converte a Amadeo de Saboya no eixo central da que é a súa primera novela en castelán, “Viaje al país de la luna (Amadeo I)”, publicada por Sial Pigmalión. Reivindica así o autor nedés a figura dun home que foi “un auténtico demócrata, un home galante, que sempre me fascinou, que ben puido ser presidente da Primeira República española pero que acabou farto e marchou despois de dous anos nun país dificilmente gobernable”, salienta.
A súa nova novela, “a primeira sobre Amadeo de Saboya desde a de Benito Pérez Galdós”, apunta, “é a viaxe alucinante” que o protagonista fai entre Madrid e Lisboa trala súa abdicación, para desde alí regresar a Turín. Son catorce horas de viaxe na que vai desgranando os seus pensamentos políticos, históricos e mesmo eróticos intercalados cos monólogos doutros personaxes que tiveron un papel importante durante o seu reinado, como Adela Larra (a súa primeira amante e mantora española), María Victoria del Pozzo (a súa esposa), Fernández de los Ríos, Ruiz Zorrilla ou Pío Nono. Amadeo de Saboya, que no verán do 73 estivo en Ferrol, “onde foi francamente ignorado”, é un personaxe, lamenta Araguas, “moi ninguneado”.
Só dúas rúas en toda España, explica, recordan a súa figura. Unha está en Valencia, a outra en Terrassa (Barcelona). “Curiosamente non hai nada que o recorde. Foi como se non existira na historia de España”, di Araguas, quen enxalza con determinación o protagonista dunha obra na que o autor utiliza a historia “non como fin, senón como medio”. Con esta novela de 200 páxinas recén saída do forno, está xa a piques de chegar ás librarías outro traballo do prolífico escritor, un libro de contos en galego publicado por Galaxia (“O lugar onde vou”).
Esta web utiliza cookies propias y de terceros con una finalidad técnica, para analizar nuestros servicios y mostrarte publicaciones relacionadas con tus preferencias en base a un análisis anónimo de tus hábitos de navegación. Puede obtener la información sobre nuestra Política de Cookies en el siguiente enlace:
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.